“As ciencias, As nenas”: O xoves 11 de febreiro ás 12.00h terá lugar, o evento online por streaming para colexios e institutos de Galicia para celebrar o Día Internacional da Muller e a nena na Ciencia, data promovida polas Nacións Unidas.

A día de hoxe son case de 4.000 alumnas e alumnos de moitos centros eductativos de Galicia que formalizaron inscrición á xornada de divulgación en liña.

O xoves 11 de febreiro celébrase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Ese mesmo día, ás 12.00h, terá lugar unha xornada de divulgación destinada aos centros educativos de Galicia que será difundida por streaming para respetar os grupos burbulla.

Esta acción promovida polo Concello de Santiago, a través do CEXTEC e Talentia Summit, está destinada a alentar as estudantes con información e referentes a seguir no ámbito das ramas científicas ou STEM (sigla en inglés de ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas). Neste Día Internacional é preciso asumir o compromiso de poñer fin ao desequilibrio de xénero nestas disciplinas. 

Trátase dun evento online para todos os centros educativos de Galicia. Será emitido por streaming, o xoves 11 de febreiro ás 12.00 horas e contará coa participación de quince mulleres relevantes nas disciplinas STEM. A súa vez, dun xeito moi ameno e divertido, as empresas de animación científica e cultural Vermislab e Ciencia Divertida, compartirán divertidos experimentos.

Son xa 4.000 alumnas e alumnos de toda Galicia que confirmaron a súa participación na xornada. Importantes científicas galegas contaralles as principais vantaxes que ten estudar unha carreira científica. Esta actividade está orientada ás rapazas galegas de entre 9 e 16 anos que están estudando nos colexios e institutos e comezando a valorar diferentes e diversas carreiras profesionais e académicas. 

Quince grandes profesionais galegas en diferentes ramas das ciencias

Para compartir a súa experiencia, traxectoria e os motivos que as levaron a formarse académica e profesionalmente nas ciencias, “As ciencias escríbense en feminino” contará coa participación de:

Aberta a inscrición para centros educativos

Os centros educativos interesados en participar, soamente teñen que cumprimentar un sinxelo formulario de inscrición para formar parte desta xornada única. Esta iniciativa está orientada a rapazas de entre 9 a 16 anos, que estean a cursar 5º e 6º de Primaria, así como os 4 cursos de Ensinanza Secundaria Obrigatoria. Actualmente, son arredor de 4.000 alumnas e alumnos inscritos de máis de 45 centros educativos diferentes.