Caminando cara unha sociedade nova da man da transformación dixital
- O fomento das capacidades dixitales no ámbito empresarial axudan á empresa a enfocarse de cara á reorientación dos seus métodos e sistemas de traballo, cara a implementación dinámica das novas tecnoloxías.
- Automatizar procesos, minimizar os costes, xerar fluidez e dinamismo nas tarefas e funcións da empresa, optimizando e mellorando a comunicación e rompendo barreiras a nivel internacional.
- En Galicia, numerosas empresas empregan estes servizos e tecnoloxías no ámbito profesional e hai unha extensa carteira de empresas que proporcionan estes servizos de Big Data, realidade aumentada, VR, blockchain, cloud computing e tantos outros.
En Talentia Summit, presentamos un lugar especializado na transformación dixital con proxectos referentes en Galicia a nivel europeo.
Varias empresas ofrecen servizos non só de capacidades dixitais e tamén de formación dixital para os empregados. Partindo da base do coñecemento de uso, as empresas despois poderían dar o seguinte cara fomentar aptitudes para as ferramentas dixitais, buscar a innovación e implementar os elementos estrelas como o Big Data. Ademáis do Big Data, destacamos outra serie de elementos das digital capabilities que estarán presentes no Talentia Summit ´19:
Realidade virtual
Entendendo como un entorno de escenas de apariencia real. Xerado mediante tecnoloxía informática, o usuario figúrase que está inmerso nesta realidade.
Realidade aumentada
Conxunto de tecnoloxías que permiten que un usuario visualice parte do mundo real a través dun dispositivo tecnolóxico con información gráfica engadida.
Impresión dixital 3D
Ó fin pódese realizar unha impresión con pezas ou maquetas volumétricas, a partir dun deseño feito por ordenador.
IoT (Internet of Things), Internet das cousas
Todo está conectado. O IoT céntrase na interconexión entre obxectos cotiás e Internet. Está relacionado co fogar intelixente.
Cloud computing
Tamén coñecida como a nube, o almacenamento de arquivos e documentos en Internet a través dun sistema que organiza todo o subido á rede.
Intelixencia artificial
Unha máquina «intelixente» ideal é un axente flexible que percibe o seu entorno e lévase a cabo accións que maximicen as súas posibilidades de éxito nalgún obxectivo ou tarefa
Robótica
Os robots chegaron. Sistemas intelixentes que realizan tarefas programadas para mellorar e optimizar o rendemento empresarial. A industria xa é 4.0
Blockchain
Estrutura de datos na que a información contida agrúpase en conxuntos (bloques) ós que se lles engade metainformacións relativas a outro bloque da cadea anterior nunha liña temporal, de xeito que grazas a técnicas criptográficas, a información contida nun bloque só pode ser repudiada ou editada modificando todos os bloques posteriores. Esta propiedade permite a súa aplicación nun entorno distribuido de maneira que a estrutura de datos blockchain pode exercer de base de datos pública non relacional que conteña un histórico irrefutable de información