Talentia Summit é unha iniciativa do Concello de Santiago de Compostela. Parte da Axencia Local de Colocación dentro da área de Emprego da Concellaría de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo. Unha gran feira de emprego de Galicia que busca impulsar os perfís profesionais en diversos ámbitos.
Este proxecto nace en 2018. Tras desenvolver e organizar anteriores eventos e feiras de emprego con diferente denominación, o evento reconvértese para ofrecer oportunidades laborais para a cidadanía de Santiago.
Talentia Summit nace en 2018 cun obxectivo claro: inserir o talento e dinamizar o emprego desde Santiago de Compostela. Con vocación e orientación nacional, Talentia Summit xorde coa premisa de converterse na maior feira do talento e o emprego.
A primeira edición de Talentia en 2018 congregou a máis de 3.500 persoas. En 2019, superouse a barreira dos 5.000 asistentes, onde se trazou unha división en canto á oferta do evento que se manterá na presente edición, pero cun cambio radical, derivando nun evento 100% virtual.
En que consiste a feira de emprego?
Talentia Summit trata de establecer un espazo tanto para desempregados, como para usuarios en procura activa de emprego. Pero tamén quere incluír a profesionais que pretenden mellorar e impulsar o seu perfil profesional e académico.
Os asistentes poden optar a diferentes ofertas de emprego en Galicia, realizar cursos de formación para perfeccionar e mellorar o seu currículo, asistir a seminarios profesionais e contar co asesoramento de mentores contrastados.
Foro Talentia 2019
Un acto no Auditorio de Galicia cun aforamento próximo a un milleiro de asistentes e que reuniu a grandes referentes na captación do talento, o recruitment, as relacións persoais no traballo e os recursos humanos.
Entre estes referentes cabe mencionar a Paul Tran (Hijos de Rivera), Sonia Mulero (Fundación Banc Sabadell), Jaime de Nardiz (Great Place to Work) ou Miguel Anxo Ruiz Ortega (Samsung España). Ademais, o acto contou coa presenza e intervención das autoridades institucionais Dna. Nadia Calviño (Ministra de Economía do Goberno de España), Alberto Núñez Feijóo (Presidente da Xunta de Galicia) e Xosé Sánchez Bugallo (Alcalde de Santiago de Compostela).
Feira Talentia 2019
Durante dúas xornadas, o Palacio de Exposicións e Congresos de Galicia converteuse no centro neurálxico das relacións entre empresas e potenciais empregados. Unha das metas era establecer vínculos e crear sinerxías futuras.
Á súa vez, unha ampla oferta académica grazas a cursos de formación, certificados oficiais, así como mellora e impulso do perfil profesional. Ademais, as sesións de mentoring permitiron aos asistentes contar nun espazo con todas as necesidades para desenvolver o seu talento. Un todo nun para gozar de novas oportunidades laborais e profesionais.
En definitiva, unha feira de emprego en Galicia que cobre as necesidades de todo tipo de perfís.
É esta feira de emprego para ti?
Por suposto que si. Buscámoste!
Santiago de Compostela convértese na capital do talento grazas a unha proposta única: levar a cabo a maior feira de emprego de Galicia. Unha feira para todos e todos. Unha feira para ti.
Esta feira de emprego non está exclusivamente dirixida a persoas desempregadas. Aínda que non busques traballo ou unha mellora de condicións, poderás impulsar o teu perfil profesional doutras formas.
Estes son os obxectivos principais de Talentia Summit:
- Optimizar a empleabilidad e mellorar a calidade das ofertas laborais.
- Mellorar a produtividade do sector público e privado.
- Crear un espazo dedicado á dinamización do talento.
- Estimular o tecido produtivo que necesita do talento para seguir crecendo.
- Dotar á poboación activa de maior número de ferramentas e funcionalidades para explotar o seu talento.
Para converterse nun gran evento relacionado co talento e o emprego, establécese un Plan Estratéxico Talentia 2019-2021 en diferentes etapas:
– Primeira fase: en 2019 convértese en referencia en Galicia como espazo que dinamiza a xestión e desenvolvemento do talento.
– Segunda fase: en 2020 búscase aumentar a repercusión a un ámbito estatal que, dada a situación actual provocada pola pandemia mundial, transforma e reinventa o encontro nunha feira virtual de emprego e talento que se pode seguir a través da rede.
– Fase final: a partir de 2021, Ano Xacobeo, busca traspasar e abrir fronteiras con outros estados e compartir talento con outras culturas, países e comunidades.
En que datas e onde se celebra esta feira de emprego?
A celebración desta feira de emprego está prevista entre o 23 e 27 de novembro e, dada a situación sanitaria actual, presentará novidades acordes á pandemia mundial. Será unha edición 100% virtual.
Nos próximos días sairá a oferta de cursos e avanzaremos máis información das empresas que nos acompañarán, os relatores e todos os segredos que garda Talentia 2020.
Talentia Summit é un encontro que une ás persoas para facelas partícipes, involucrando tanto ás organizacións como aos equipos que as forman, sensibilizando ás empresas para implementar unha solvente e sólida estratexia do talento.
A maior feira de emprego de Galicia espérate!